Despois de tanto tempo sin tocarlle ao blog, vou a contar un conto que acaeceu en Melide e do que foi testemuña un arzuán moi achegado a min.
Hai ao pe de 40 anos, o bar Alongos estaba ubicado case fronte con fronte co estanco de Parrado. Tiña pola parte de dentro do mostrador unha porta que se comunicaba coa cociña - comedor. Manuel, un home de moito xenio, atendía a barra e Benilde, a súa dona, cociñaba e servía aos comensais.
Un día, Benilde quixo facerlle a conta a un cliente e non atopaba un bolígrafo, polo que chamou a Manuel. O diálogo foi algo así:
- Manuel!
- Que queres!! (todo alporizado e berrando)
- Tes por ahí un bolígrafo?
- Teño aquí colgado dos c...!! (a toda voz e sinalando claramente a ubicación do artefacto)
A conversa escoitouse en toda a cociña e tanto os clientes como Benilde fixeron como que non ouviran o exabrupto. Alguén lle prestou o bolígrafo, a conta fíxose e a outra cousa.
Pero, pasados uns intres, un cliente tivo a ocorrencia de pedir un Rioxa, cousa moi rara daquela (case todo o viño que se consumía alí, era a granel). Manuel buscou do sacacorchos e ao non atopalo chamou a Benilde, que estaba naquel intre amañando unha tortilla na tixola:
- Benilde, viches por ahí o sacacorchos?
E Benilde aproveitou a oportunidade e espetoulle:
- Mira si o tes xunto ao bolígrafo.