lunes, 18 de febrero de 2008

¡Aremos!

Cóntase de un crego que houbo nesta zona, que ó falar abría tanto as vogais, que cada vez que misaba e chamaba ós presentes desde o altar con aquélo de ¡Oremos!, todos entendían ¡Aremos!, e que cada vez que nomeaba ós "judíos", o que en realidade se escoitaba era "jodíos".
Pero o conto de hoxe non vai de cregos, senón de labregos e de arados. De ahí o título:
En unha das vintedúas parroquias do concello, estaba un matrimonio arando ó pe do camiño. Guiando no arado, ía o marido e chamando polas vacas, a súa dona. Certo é que para arar nunca se poñía o traxe da festa, pero neste caso, a muller que chamaba polas vacas, vestía dun xeito especialmente arrepiante.
Nestas estaban, cando atinou a pasar por alí un veciño que, ó ver a indumentaria da muller, achegouse ó seu marido e díxolle polo baixiño:
- ¿Quen é o espantallo que che está a chamar polas vacas?
O home pegou un bufido meneando na cabeza e o camiñante seguiu o seu camiño. A muller, que vira a escea, pero non ouvira nada, parou un intre ás vacas e preguntoulle ó seu marido:
- ¿Que dixo?
- Dixo ben, dixo ben. Tira pa diante!, foi a resposta do avergoñado home.
Ata outro conto