sábado, 20 de diciembre de 2008

Un bo "xantador"

Hai tres sons da miña infancia, que se perderon para sempre, alomenos na vila, e nas parroquias están a piques de desaparecer: o cantar do carro, o canto dos labregos nas leiras e o berro derradeiro do porco na matanza. E desta imos a falar:

Aló polo S. Martiño, non había día que non alborease cos berros desesperados e inútiles dos porcos que ían a cumprir co seu servizo á sociedade. Para atender tan grande demanda de chourizos, roxóns, raxo (en Ferrol, "RAJO") etc. etc., movíanse rápidamente os matachíns, outra profesión que se bate en retirada. En Arzúa, repartíanse maioritariamente o traballo, Manuel de Souto e O Maragato, e ámbolosdous, como bos matachíns, ían "a mantido" a tódalas casas onde facían o seu traballo.

Certo día, O Maragato matou na carnicería de Chona. Ao remate, xantou e cando xa estaba tomando o café, Chona púxose a fritir uns bistecs para os seus fillos que estaban a piques de chegar, cando, dende a mesa, dixo o matachín con claridade: Chona, si son para min, non os pases mais.

Ata outra.